www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Acreditaci%C3%B3n/2013/acreditacion_de_competencias_x_sede_ano_2013.pdf www.edu.xunta.es/fp/sit
es/fp/files/fp/Acreditaci%C3%B3n/2013/acreditacion_de_competencias_x_familia_ano_2013.pdf
http://media.readspeaker.com/cache/cc570695f14e1b0f6a70bbe4fd0e857e.mp3
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sensible ás necesidades dos traballadores e traballadoras que demandan unha certificación oficial da súa cualificación procede a convocar o proceso de acreditación de competencias profesional adquiridas a través da experiencia laboral para o ano 2013.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten previsto publicar o próximo luns, día 20 de maio no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais.
O período de presentación de solicitudes será de 20 días a partir do día seguinte ao de publicación no DOG.
A relación de unidades de competencia e prazas obxecto de acreditación nesta convocatoria, con indicación das cualificacións profesionais ás que están asociadas, así como a súa relación cos certificados de profesionalidade e ciclos formativos de grao medio e superior, poden consultarse nos seguintes arquivos:
Relación de unidades de competencia por sede. Convocatoria 2013
Relación de unidades de competencia por familia profesional. Convocatoria 2013